Disfrutádeas sen medo aínda que parezan de medo, e ogallá que algunha delas tamén aniñe na vosa alma e que acabe transformada nas vosas propias historias. E despois contádeas tomando posesión do ben máis grande que herdaredes: a palabra. Iso é o que o ser humano ten de máis humano, e con ela a capacidade de contar historias que se van enguedellando unhas noutras ata formar unha grandísima rede de contos todos semellantes e todos totalmente distintos, segundo quen os conte, porque cada un que conta unha historia, antes pasouna pola súa alma e fíxoa súa.
És del pròleg, però ho trobo encertadíssim vivint l’època actual.